Museo Museo Etnológico de Ribadavia
Inventario 2082
Clasificación Genérica 06.Almacenaxe; 16.ALIMENTOS; 06.COMERCIO E DISTRIBUCIÓN; 04.ACTIVIDADES PROFESIONAIS
Objeto/Documento recipiente de barquilleiro
Materia/Soporte metal
balaustre: latón
tapa: folladelata
correa: coiro marrón
Técnica pintado
Dimensiones Alto = 93 cm; Diámetro = 39 cm
balaustre: Alto = 18 cm
correa: Alto = 85 cm; Ancho = 3,50 cm
tapa: Alto = 20 cm
Descripción Recipiente de barquilleiro de corpo cilíndrico e paredes rectas de ferro, pintado en cor vermella, menos na base do mesmo que leva unha franxa pintada en negro. Rotulado na parte central en branco cunha inscrición con tres liñas de letras, neste caso anunciando o produto: «BARQUILLOS / DE / CANELA». A barquilleira vai cuberta por unha tapa pintada en vermello e no lateral da mesma leva unha franxa cuberta de latón dourado, está coroada por un xogo de ruleta formado por unha galería de barrotes, nun total de 50, de latón e contra os que chocaría a lingüeta de metal que sería a encargada de marcar o número de barquillos que corresponderían á xogada. Esta lingüeta vai suxeita ao mastro dunha roda central en bronce, coroada por seis apéndices en forma de landra e na zona central da mesma por outro de forma circular que está cuberta de varias capas de policromía formando costra negruzca. Sobre a tapa hai dúas liñas de números pintados en branco, unha delas pola parte exterior da galería de barrotes e a outra liña intercalados os números entre cada un dos barrotes. Xa na parte interna debúxanse 10 frechas no mesmo ton que os números e entre as mesmas números que a diferenza dos anteriores aparecen non como unidade senón como decena. A tapa presenta saltaduras na pintura. O interior da tapa é de folla de lata e a ruleta vai suxeita por unha especie de pivote e por unha porca tipo bolboreta que suxeitaría o mecanismo da mesma. No interior do corpo vense dous fragmentos de acanaladura soldada que terían a función de suxeición, posiblemente dunha bandexa ou recipiente que contería parte dos barquillos destinados como premio e na parte inferior colocaríanse o resto dos barquillos. Tamén se observan remaches de suxeición de dúas pezas en de ferro destinadas para que pasen entre as mesmas as correas de coiro que permiten o transporte ou ben ao ombreiro ou a modo de mochila do recipiente que cargado de mercancía suporía un peso considerable.
Inscripciones/Leyendas No corpo
BARQUILLOS / DE / CANELA
Uso/función Transporte e venda de barquillos.
Clasificación Razonada O barquillo facíase con fariña de trigo, ovo, azucre e leite. Dáballe forma cos ferros ou tenaces de moldear, semellantes ás de facer obleas, o «ostieiro», ferramenta que previamente se poñía a quentar sobre o forno, botándolle logo o amoado na superficie plana das tenaces para apertar, esmagar, formar e ter listo o barquillo.
Parada de Sil foi terra de barquilleiros que recorreron as festas de Galicia.
Bibliografía Ourense etnográfico. Deputación Provincial de Ourense, 1998.
Catalogación Conde Sánchez, Milagros
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6